A Casa do Mudo, Vivenda vacacional; Celavente, O Bolo. Ourense. España; Tel: 649 061995

 

Situada en Celavente, tipica aldea galega pertencente o concello de O Bolo, emprazase esta vivenda vacional de dúas plantas, rodeada de castiñeiros e natureza frondosa.

A construcción é de finais do século XIX, restaurada no 2004 e conservando o seu estilo orixinal de casa de labranza.

O seu carón ten un pequeno horto de uns 50 m2 de superficie, transformado hoxe nun xardín para disfrutar do descanso.

Asentada en plena natureza, é o lugar idóneo para disfrutar das montañas de Pena Trevinca e Manzaneda percorrendo as súas ladeiras, e como non, do val de Valdeorras, famoso polos seus tan característicos viños.

- a casa - - actividades e prezos - - o entorno -